Sin categoría

Concerto do quinteto de metais “Ensemble Vigo 430” en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece novamente unha cita coa mellor música de cámara este domingo 27 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal co concerto de “Ensemble Vigo 430”, quinteto de metais vento da sinfónica “Orquestra Vigo 430”. A formación estará composta por Rodrigo Iglesias e Adolfo Caride á trompeta, Óscar Davila á trompa, Jesús Vicente ao trombón e Sergi Vañó á tuba. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Os músicos interpretarán temas compostos precisamente para este tipo de formación especializada: “A Western Fanfare”, de Eric Ewazen; “Quinteto de metal núm. 4”, de Victor Ewald; “Suite from the Monteregian Hills”, de Morley Calvert e “Suite americana”, de Enrique Crespo. Por elo, estes instrumentos fundamentais para as orquestras sinfónicas cegarán coa súa espectacular sonoridade, sendo unha oportunidade única para gozar deles ao non resultar común neste tipo de formacións. A información pormenorizada do programa e está pendurada na web municipal en http://www.nigran.es.