
Este martes, día 22 de marzo ás 19:00 horas na Nova Biblioteca de Nigrán, vaise celebrar unha Charla Coloquio sobre Dereitos Sanitarios, a Eutanasia e o Testamento Vital, organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán e a Asociación Dereito a Morrer Dignamente, á que está invitada toda a cidadanía de Nigrán e bisbarra.