Sin categoría

Vive Nigrán confirma unha 3ª xornada de actuacións con toda unha lenda como Miguel Ríos

Miguel Ríos & The Black Betty Trío únense á programación de Vive Nigrán nunha xornada extra que terá lugar o domingo 17 de xullo. Un dos nomes en maiúscula da música española chega ao festival cun repertorio memorable no que non faltarán hits como “Santa Lucía”, “El Blues del Autobús” ou “Bienvenidos”, auténticos himnos da música en castelán.

Vive Nigrán é un festival familiar no que teñen cabida diferentes tipos de artistas e de público, que celebra este ano a súa sexta edición no campo de fútbol de Monte Lourido, coa colaboración do Concello de Nigrán. Con Vive Nigrán [+] se aposta polo público “adulto” que tamén demanda o seu espazo dentro da programación. E ninguén mellor que Miguel Ríos para unir no campo de Monte Lourido a varias xeracións que escoitaron a un artista indiscutible, auténtica lenda viva da nosa música.

O concerto celebrarase co público sentado (por petición do propio artista) e as primeiras entradas xa están á venda na web de vivenigran.com e en Ataquilla.com a un prezo de 30 euros + gastos. Para todas as persoas que teñan o abono do festival actívase un código de desconto que recibirán por correo electrónico, para adquirilas a un prezo de 25€ + gastos.

En 2021, Miguel Ríos volvía pisar os escenarios despois da súa despedida en 2012 e non foi un regreso calquera. Despois de varios concertos realizados o ano pasado onde as críticas foron unánimes destacando a calidade do seu novo show, o rockeiro granadino iniciou 2022 coa vista posta en 2 históricos concertos celebrados esta pasada fin de semana no Wizink Center de Madrid para conmemorar os 40 anos do seu icónico disco “Rock in Ríos” e onde congregou a 30.000 persoas, acompañado de ilustres convidados como Rosendo, Amaral, Ariel Rot, entre moitos outros, e deixando 2 noites para o recordo.

Coa súa actual banda, The Black Betty Trio, Miguel Ríos publica un novo disco (“Un largo tiempo”) despois de 12 anos e reinterpreta os seus clásicos de sempre en concertos que non recibiron máis que eloxios, celebrados nos recintos máis importantes deste país. Cunha discografía humillante ás súas costas e unha carreira de máis de 50 anos encima dos escenarios, Miguel Ríos é un dos artistas máis importantes do noso país e para o festival Vive Nigrán é toda unha honra recibilo nunha xornada extra denominada Vive Nigrán [+] para celebrar unha ocasión que a bo seguro será memorable.

Na súa 6ª edición, Vive Nigrán aposta por unha programación para todos os públicos e todas as idades. Desde o seu nacemento, o festival é moito máis que música e busca a integración coa contorna e o patrimonio. Por iso, nesta edición volven as actividades complementarias con propostas para todos os públicos a través das accións de Vive Sostible, Vive Patrimonio, Vive Igualdade e Vive Activo coa colaboración do Concello de Nigrán.

O festival contou nas súas pasadas edicións co patrocinio da Deputación de Pontevedra, a través da súa marca “Rías Baixas Fest” e da Xunta de Galicia a través de “FEST Galicia”, e en 2022 volve ter unha vez máis o apoio de GADIS como patrocinador, e de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros entre persoas, algo esencial para vivir mellor.