Sin categoría

Alumnado do IES Primeiro de Marzo organiza a exposición fotográfica “Memoria é verdade”

O alumnado de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo organiza unha exposición fotográfica sobre memoria histórica da contorna do Val Miñor, cunha breve explicación do acontecido nos anos da guerra e franquismo. Este traballo enmárcase dentro do Plan Proxecta Fotografía en Curso da Consellería de Educación.

A exposición que abre o 29 de maio permanecerá aberta ata o 21 de xuño, no Multiusos Ángel Bedriñana, aberta ao público. O alumnado leva traballando todo o curso na recuperación da memoria daquelas persoas que loitaron pola democracia e que foron asasinadas, represaliadas e torturadas pola represión franquista. A intención desta exposición é recordar o acontecido co gallo de que nunca volva suceder.