
A Asociación Cultural e Social de Baíña organiza un obradoiro de comunicación signada. Trátase dunha actividade para aprender a comunicarse en linguaxe de signos, de forma divertida. Conversación, música signada e moitas cousas máis. Estará impartido por unha profesora titulada e con ampla experiencia en dous grupos para nenos e outro para maiores, os xoves no colexio vello do Burgo. O prezo é de 16 euros para os socios. Máis información no teléfono 644860260.