Dúas derrotas e unha vitoria para o Laroca na cuarta rolda da liga galega de xadrez

O pasado sábado celebrouse a cuarta rolda da liga galega de xadrez, que deparou dúas derrotas e unha vitoria para os equipos do club de xadrez Laroca de Nigrán.

En división de honra derrota do Laroca A en Nigrán ante o equipo santiagués da USC por 2-4. Os tantos miñoráns foron conseguidos grazas ás táboas nos dous primeiros taboleiros de Breixo e Sergio, así coma a vitoria no terceiro taboleiro de Fran. O vindeiro sábado os miñoráns desprázanse á capital de Galicia para enfrontarse ao equipo Algalia.

Na segunda división os laroqueiros tiveron sorte dispar no seus desprazamentos. O Laroca B perdeu no seu desprazamento a Mos para enfrontarse ao Mos D por 2,5-1,5. Os puntos dos miñoráns foron conseguidos por Araujo e Agustín, mentres que o Laroca C impúxose no seu desprazamento á Guarda por 1-3 ante o Albatros B. Puntos de Chema, Lino e Patricio. A próxima xornada os dous equipos xogan en Nigrán ante Albatros B e Mos B.

Na terceira división o equipo do Laroca D descansou e na próxima xornada desprazarase a Ponteareas para enfrontarse ao equipo do xadrez Ramiro Sabell IES Val do Tea.