Sin categoría

OVALMI celebra este domingo en Gondomar a 14ª Feira de Oportunidades “Portobelo”

Este próximo domingo, 20 de marzo, no centro de Gondomar terá lugar a 14ª Feira de Oportunidades do Val Miñor, “Portobelo”. Contará coa participación de establecementos comerciais da comarca e arredores. Desde as 11:00 ata as 20:00 horas, veciños e visitantes poderán acceder a unha gran variedade de produtos (calzado, moda, alimentación, xoguetes…) con grandes descontos nas súas compras.

Organiza este evento a Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI), coa colaboración da Concellería de Comercio do Concello de Gondomar e a Xunta de Galicia. Contarán coa participación da Escola de Danza Paradela, Husling Dance Estudio de Danza e a Asociación de Danza de Gondomar, as cales ofrecerán diferentes espectáculos ao longo de todo o día.

Desde OVALMI convidan a visitar Gondomar este domingo e gozar dun día de compras diferente.