Concentración contra a violencia machista na Ramallosa

Este mércores día 16 de marzo convócase á cidadanía a concentrarse na Ramallosa ás 20:00 horas. O motivo é o asasinato dunha muller acaecido este domingo no Carballiño. A concentración é convocada pola Asociación Feminista Area Loura e polo Comando Ghichas. “Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade. Nin unha vítima máis, o machismo mata! Quéremonos vivas, libres, iguais e respectadas!”, sinalan as organizadoras.