Charla coloquio sobre dereitos sanitarios, eutanasia e testamento vital en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O próximo luns, día 14 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, vaise celebrar unha charla coloquio sobre Dereitos Sanitarios, a Eutanasia e o Testamento Vital, organizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, en colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Dereito a Morrer Dignamente, á que está invitada toda a cidadanía de Gondomar e bisbarra.