A “Primavera Lila” continúa durante esta fin de semana con representacións teatrais

Mañá sábado 12 de marzo, ás 20:00 horas no Auditorio V Centenario, terá lugar a representación teatral “Invisibles” para público maior de 12 anos. A actividade é gratuíta, subvencionada cos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, no marco da Resolución do 8 de setembro de 2021 da Secretaría de Estado de Igualdade de transferencias para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o exercicio 2021. O domingo día 13, ás 18:00 horas no Centro Multiusos Sabarís, representarase para o público infantil a partir de 6 anos “A nena que quería navegar”.