Baiona, Gondomar e Nigrán súmanse ás concentracións de apoio ao pobo ucraíno

Os Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán súmanse á iniciativa promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en solidariedade co pobo ucraíno. O obxectivo é lanzar dende o conxunto dos municipios do Estado unha mensaxe de apoio e afecto a todas as persoas que están a sufrir as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola invasión Rusa a Ucraína.

Unha iniciativa que se enmarca dentro das accións desenvolvidas polos concellos, a través do Goberno de España e en coordinación coa Unión Europea, co envío de material humanitario, imprescindible para a poboación neste momento, como é o caso de medicamentos e alimentos.

As concentracións celebraranse este mércores 9 de marzo, ás 12:00 na Praza do Concello de Baiona e na Praza Paradela de Gondomar, e ás 11:00 na Praza do Concello de Nigrán. Un acto silencioso que lanzará unha mensaxe de apoio e afecto a todas as ucraínas e ucraínos.