
A ANPA do CEIP Plurilingüe de Belesar, en Baiona, organiza unha recollida de alimentos non perecedoiros (conservas, leite en po, cacao, café…), medicamentos precintados (vendas, alcol, betadine, paracetamol…) e roupa de abrigo (térmica, mantas…) para Ucraína, en colaboración coa ONG local “Ayuda al Mundo Necesitado” e do Concello de Baiona. Durante o luns 7 e o martes 8 recollerase na entrada principal do centro todo o que as familias poidan achegar, calquera mínima axuda será ben recibida.