Derriba un farol co seu vehículo en Nigrán e vaise

Ás 19:30 horas de onte, o 112 Galicia recibiu unha chamada de urxencia por un coche que se saíu da vía e bateu contra un valado en Nigrán. Como consecuencia do impacto, o condutor resultou ferido, aínda que marchou do lugar sen recibir asistencia. Igualmente, deixou o vehículo no medio da vía e un farol tirado a causa do golpe. Ao lugar dos feitos, na PO-332, na parroquia de Camos, acudiron os membros do GES do Val Miñor e os axentes da Garda Civil de Tráfico para recoller todos os datos do sinistro.