Este martes día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Aínda queda moito por facer para acadar a igualdade entre mulleres e homes. A concentración, convocada polos colectivos feministas incluídos en Galegas 8M, será ás 12:30 na Ramallosa. Coma outros anos, saíran as marchas ás 11:20 da mañá dende Baiona (Peirao), Gondomar (Praza de Abastos) e Nigrán (Praza diante do Concello). “Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade. Nin unha vítima máis, o machismo mata! Quéremonos vivas, libres, iguais e respectadas!”, sinalan desde a organización.
Concentración na Ramallosa polo Día Internacional da Muller

