O PP de Baiona pon de manifesto que o goberno local haxa recortado á metade nos orzamentos para este 2022 a partida destinada a Emerxencia Social cando a necesidade económica das familias do municipio multiplicouse por seis. Segundo expuxo o propio tripartito en diversos medios de comunicación nos últimos días, durante o ano pasado realizaron 6.000 atencións fronte ás 900 do ano 2018, seis veces máis, aínda que o número de familias fose similar.
Para os populares, isto demostra que a crise económica provocada pola pandemia do Covid-19 azoutou, sobre todo, ás rendas máis vulnerables que se viron obrigadas a solicitar aos Servizos Sociais do Concello máis colaboración económica para sufragar gastos básicos. “Pero, ao contrario do que debese ser para afrontar esta situación, o equipo que encabeza o socialista Carlos Gómez decidiu dar o tixeretazo á partida máis necesaria neste momento, cando o prezo dos produtos de primeira necesidade disparouse e a electricidade, fundamental tamén para as familias, alcanza facturas récord. Tan pouco impórtalle ao PSdeG, BNG e Nós estes veciños de Baiona que, mesmo, suprimiron a partida denominada “Pobreza enerxética” destinada a pagarlle os gastos de electricidade a aquelas unidades familiares que non poidan asumilo”.
Como contraste, o PP de Baiona comproba que, con todo, “a prioridade do tripartito está en malgastar en asesores e en luces de Nadal”. Algo “incomprensible” para os populares. Desde a chegada ao goberno local do tripartito, este pasou de 10.000 euros en iluminación do Nadal a 30.000 e nas festas deste 2022 prevé gastarse 40.000 euros. “Resulta ilóxico que cando máis demanda social hai, reduzan o diñeiro para Emerxencia Social”, censuran.

