Visita aos participantes do Proxecto Vincúlate de Baiona

No día de onte, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Vara, visitaron aos participantes do Proxecto Vincúlate para coñecer de primeira man como se senten na actividade e felicitarlles polo traballo que están a realizar. Os rapaces aproveitaron a visita para facerlles algunhas preguntas así como tamén para agradecerlles a posta en marcha deste proxecto de traballo emocional levado a cabo dende o servizo de educación e apoio familiar do Concello.