O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, informa que se vai a realizar un corte de tráfico mañá xoves, 24 de febreiro, en xornada de mañá, con motivo da 1ª Etapa da Volta Ciclista Profesional “O Gran Camiño”, que transcorrerá por Baiona e Nigrán.
O tráfico quedará interrompido na estrada provincial PO-552 ao paso do pelotón pola Vila xa que o seu percorrido transcorrerá desde Santa María de Oia a Baiona, cruzando Baiona pola vía principal (Avda. Elduayen, Avda. Monterreal, Avda. Santa Marta….) ata a entrada en Nigrán por Ramallosa.
O tráfico quedará restrinxido desde a rotonda do Faro Cabo Silleiro ata a rotonda de entrada a Ramallosa desde as 12:30 ata as 14:30, hora final que se estima que poida pasar o último ciclista. O tráfico, durante o corte, será desviado por vías alternativas e pola AG-57.

