
A Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde a tres proxectos de mellora das infraestruturas provinciais ao abeiro do modelo de mobilidade segura e amable da institución provincial, que supoñen un investimento de preto de 1,5 millóns de euros (1.484.931€). Deste xeito aprobáronse os expedientes de contratación para sacar a licitación as obras de reposición de firme na EP6202 Rodeiro-Oseira, no concello de Rodeiro (cuxo orzamento ascende a 431.265€) e os traballos de mellora da seguridade viaria na EP8101 Portas-Romai (en Portas), presupostado en 609.951€. Así mesmo, o Goberno provincial adxudicou a execución das obras de mellora da seguridade viaria na EP2403 Mosende-Morgadáns e na EP2404 Acceso a Chenlo, nos concellos do Porriño e Gondomar, por un orzamento de 443.715€.
Estas últimas obras, de mellora da seguridade viaria na EP-2403 Mosende-Morgadáns e na EP-2404, Acceso a Chenlo supoñerán a actuación en case 12,3 quilómetros de estrada, xa que se intervirá en 11,5 quilómetros da EP-2403 e en case 0,8 da EP-2404 nos concellos do Porriño e Gondomar. Os traballos comprenden o fresado da estrada, reposición do firme, a disposición da sinalización tanto horizontal como vertical, a mellora da drenaxe e a instalación de sistemas de contención de vehículos, coa fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria.