O Centro Juan María mostra o seu agradecemento cunha planta

O Centro Juan María iniciou este mércores a campaña #YASOY, coa que queren agradecer a todas as entidades, empresas e persoas que colaboran co centro, coa entrega dunha Árbore de Jade, orixinaria de Sudáfrica.

O primeiro en recibir a planta foi o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que lles dedicou unhas palabras no libro no que rexistrarán ás entidades, empresas e persoas #YASOY.

“Co seu apoio, as persoas con discapacidade intelectual serán protagonistas absolutas das súas vidas e cada vez terán máis oportunidades e igualdade de dereitos na sociedade.
Esta planta simbolizará o compromiso connosco”, apuntan desde o centro.

¿Qué es ser #YASOY?

Ya eres del Juan María porque te has parado y te has fijado en mí…
Crees en mis capacidades, en mis logros en mis sueños…
crees en la igualdad
y crees que con los apoyos adecuados podré conseguirlo…
además, sabes que juntos, las barreras se pueden convertir en oportunidades
Tu compromiso conmigo hace más fácil mi camino…
Gracias por creer en mí.