Baiona prepara o dispositivo de seguridade para a Festa da Arribada

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e o Concello de Baiona celebraron esta mañá unha Xunta Local de Seguridade cuxo punto prioritario centrouse en promover e coordinar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade durante o desenvolvemento dos actos da Festa da Arribada, que se celebra os días 4, 5 e 6 de marzo. Esta celebración regresa tras un ano de parón pola pandemia e agárdase que congregue de novo a un importante número de visitantes que queren gozar desta festa mediaval co recoñecemento de Interese Turístico Internacional.

Así, as accións que se van levar a cabo por parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pasan pola posta en marcha de controis de circulación nos accesos a Baiona, contando para iso de medios terrestres e aéreos e pola activación de controis de alcoholemia e drogas que sirvan de prevención pola posible falta de responsabilidade dalgúns condutores. Ademais, servirán de apoio aos axentes da Policía Local, garantindo o bo desenvolvemento das actividades festivas. Respecto a isto, revisouse o plan de protección elaborado polo Concello no que se establecen os medios municipais para garantir a seguridade durante o desenvolvemento dos tres días festivos.