A baionesa Mireya Represa proclámase campioa de España de xadrez Sub-18

Mireya, no centro, Lidia e Adhara.

Mireya Represa proclamouse campioa de España na categoría Sub-18 grazas aos 5.5 puntos conseguidos no Campionato de España de Xadrez celebrado a pasada semana na localidade granadina de Salobreña.

A xadrecista baionesa recentemente ascendida a esta categoría conseguiu o campionato a falta dunha xornada, rematando no posto 24 da clasificación xeral, partindo do posto 41 no ránking inicial. Con este novo triunfo, suma cinco Campionatos de España, tras gañalos nos anos 2010, 2011, 2013, 2017 e 2018.

Lidia Comellas de Baleares rematou na segunda posición con 5 puntos e Adhara Rodríguez de Canarias na terceira con 4.5 puntos. A próxima cita de Mireya será en Riga (Letonia) nos Campionatos de Europa que se celebrarán do 19 ao 30 de agosto.

Anuncios