
O Multiusos Mercado de Sabarís acolle este venres 11 de febreiro a partir das 17:00 horas a presentación e contacontos do libro “Dedas”. Un conto ilustrado de 64 páxinas onde agroma a poesía en cada liña. Un libro evolutivo para nenos e nenas de 1 a 6 anos. Trátase dunha historia fermosa na que se xoga coas repeticións para darlle musicalidade e na busca continua dun uso didáctico.
As pequenas e pequenos aprenden a contar cales son os días da semana, os meses do ano… todo nunha liña de xogo cunha sorpresa final que ve realidade coas belísimas ilustracións que acompañan a escrita.
Ilustracións de cor e poesía na que a musicalidade e repetición converten esta obra en algo entretido e divertido que non esquece o seu fin didáctico, sempre presente nos obxectivos das súas creadoras Soledad García (escritora), Laine Villero (ilustradora) e Natalia Guisande (responsable do deseño).