Otilia celebra o seu centenario cunha festa en Parada

Matilde Villar Villar, veciña de Parada máis coñecida como Otilia, celebrou onte o seu 100 aniversario cunha festa coa súa familia de adopción no Queimada. Traballou moitos anos cun posto de chuches na entrada da discoteca Ramallosa 2000. Non ten fillos biolóxicos, pero vive con Víctor Montes e familia desde hai décadas, o seu veciño, con quen sempre exerceu como unha nai. O alcalde de Nigrán, Juan González, foi á festa cos concelleiros de Parada e levoulle un ramo de flores e unha placa en nome do Concello.