Nigrán informa da apertura de prazo para participar en “Depotermal 2022”

O Concello de Nigrán informa de que a Deputación Provincial de Pontevedra organiza e convoca o “Depotermal 2022” en 2ª convocatoria, nas súas dúas modalidades, asistencia diaria e con pernoita en réxime de pensión completa.

A primeira opción consiste en pasar 5 mañás ou tardes consecutivas dunha mesma semana nun balneario da provincia de Pontevedra facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús e a segunda consiste en gozar de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios ou hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa.

Este programa está destinado a persoas nadas antes de 1972, pensionistas, etc. O prazo para solicitalo comeza o 19 de xullo e finaliza o 2 de agosto. Os interesados poderán dirixirse (CITA PREVIA) aos Servizos Sociais de Nigrán Telf. 986.365.000.