Gondomar súmase ao verde do Día Internacional contra o Cancro

O Concello de Gondomar iluminouse de verde toda a semana atendendo a demanda da AECC con motivo da celebración, este venres, do Día Internacional de loita contra o Cancro, e así visibilizar esta enfermidade e sensibilizar á sociedade sobre ela e as necesidades e demandas que aínda quedan pendentes de atender para garantir unha asistencia igualitaria para todas as persoas que a padecen.

Súmase á campaña desenvolta pola asociación titulada ¿Iguales? e coa que se amosa que non todas as persoas que padecen a enfermidade teñen as mesmas condicións de acceso á investigación e aos tratamentos. Como lembran o código postal dunha persoa pode condicionar máis co código xenético no trato do cancro.