
A fachada do Concello de Nigrán permanecerá iluminada de verde toda esta semana con motivo da conmemoración do Día Mundial contra o Cancro o venres 4 de febreiro. O Concello súmase así á iniciativa da Asociación Española Contra el Cáncer co obxectivo de visibilizar esta enfermidade e solidarizarse cos milleiros de persoas que a padecen e as súas familias.