Baiona ilumina de verde a Casa Consistorial con motivo do “Día Mundial contra o Cancro”

O Concello de Baiona ilumina de verde a Casa Consistorial con motivo do “Día Mundial contra o Cancro”. O Alcalde, Carlos Gómez Prado, explica que desde a Corporación Municipal “sempre apoiamos todas as causas ou peticións que se nos solicitan. É un compromiso adquirido tanto como representantes políticos como persoais e en nome de toda a cidadanía baionesa”.

O obxectivo, continúa Carlos Gómez, “é aumentar a concienciación e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade”. A campaña promovida pola OMS para 2022-2024, é co lema “Por uns coidados máis xustos”. Finaliza indicando que “necesitamos potenciar todas estas iniciativas así como axudar a concienciar a toda a poboación”.