O vento impide aos J80 estrearse en Baiona

A falta de vento impediu á frota de J80 galega estrearse este sábado na Liga de Inverno Baitra J80, que o Monte Real Club de Yates organiza co patrocinio de Baitra Accesorios Navales.

Aínda que o comité de regata logrou dar saída á primeira das tres probas programadas para inaugurar a competición, os veleiros só puideron completar unha das dúas voltas que incluía a manga.

A metade da primeira volta empezaron xa as dificultades para as tripulacións con roles e caídas de vento na zona do offset. A pesar de todo, a maioría das embarcacións conseguiron remontar ata a seguinte zona de balizas, pero cando se dispoñían a iniciar a segunda volta, a situación volveuse insostible e o comité decidiu anular a proba.

Quedou entón a regata en stand by á espera de que entrase vento coa dirección e intensidade necesaria para retomar a competición pero non foi posible e a frota viuse obrigada a volver a terra sen poder inaugurar marcadores.

A próxima cita coa Liga de Inverno Baitra J80 é o 5 de febreiro coa segunda das seis xornadas que se poñerán en liza.