
Este sábado, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, anunciou que o CSIF retirou a demanda en representación da Policía Local ao considerar que o rexedor actuou correctamente ao ampliar a xornada laboral dos axentes, igualándoa ao resto de funcionarios.
O alcalde ampliara temporalmente a xornada laboral da Policía Local nunha hora máis por quenda respecto a os demais funcionarios municipais. Aínda que os funcionarios traballan seis horas e media ao día de luns a venres, a Policía Local traballaba seis días e descansaban catro consecutivamente en quendas de sete horas, quenda que se viu alterada debido ao Covid-19 e que para evitar contaxios no corpo pasouse á realización de patrullas fixas en binomios traballando seis días e descansando outros seis seguidos, o que orixinou que estes respecto ao resto de funcionarios non traballaban as mesmas horas, o que obrigou ao rexedor municipal a incrementar unha máis por quenda ata fin de ano para que ao final do mesmo cumprísese co principio de igualdade e equidade entre o conxunto do funcionariado.
“Así tamén o entende o CSIF ao retirar a denuncia”, concluíu o alcalde, ao mesmo tempo que se ratifica nas palabras que no seu día pronunciara, que non eran outras que non permitiría “que ningún funcionario traballe de menos, nin que ningún outro traballe de máis”. “Non estamos as administracións en tempos de moitas esixencias, dada a situación de inestabilidade e precariedade laboral na que está inmerso o país, e convén lembrar que os funcionarios municipais de Gondomar respecto a outros concellos e administracións ulteriores veñen traballando unha menos ao día que estes”.
O alcalde tamén adiantou que convocará a Mesa de Negociación cos sindicatos, ao obxecto de establecer quendas de traballo e a xornada, a Relación de Postos de Traballo, a oferta de emprego público de ano 2021, así como o teletraballo, etc.