Modepen Val Miñor convoca unha concentración na Ramallosa contra a “Lei Escrivá”

O luns, 10 de xaneiro, despois de pasadas as festividades de Nadal e Aninovo, Modepen Val Miñor (Movemento en Defensa das Pensións Públicas do Val Miñor) convoca unha concentración diante da Capela da Ramallosa ás 12:00 horas.

O texto aprobado da “Lei Escrivá” supón unha perda de poder adquisitivo das pensións dun 3%, mediante a trapela de cambiar o Índice de Prezos de Consumo (IPC) interanual acumulado (5,5%, que ten sido o índice habitual de referencia), polo denominado IPC medio (este ano do 2,5%).

“Continuamos a defender a necesidade dun sistema público de pensións digno e farémolo goberne quen goberne”, apuntan desde Modepen Val Miñor.