
A Administración de Loterías París de Nigrán e o Despacho Receptor Nº 86.100 La 13 de Priegue venderon, polo menos, un billete do número 44.469, segundo premio do Sorteo do Neno, celebrado este xoves e dotado con 750.000 euros por serie. A cada boleto correspóndenlle 75.000 euros, polo que deixaría no municipio, polo menos, 150.000 euros.
A Administración de Ángeles Gómez situada na Rúa Rosalía de Castro número 2, moi preto do Concello de Nigrán, xa repartiu sorte no Sorteo do Neno do 2020, ao vender dous décimos tamén do segundo premio, deixando 150.000 euros no municipio. Pola súa banda, La 13 de Priegue, rexentada por Raquel Beiro na Avda. Pablo Iglesias 13, repartiu 159.768,69 euros no sorteo de EuroMillones do 10 de agosto de 2021.