Interceptado un mozo de Gondomar que case cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

Na madrugada do pasado día 31 de decembro, ás 1:43 horas, unha unidade da Policía Local de Vigo, realizando labores de control do tráfico no ámbito da Seguridade Viaria, observaron na confluencia das rúas Abeleira Menéndez con Cruz Verde un vehículo que circulara ata as escaleiras mecánicas, procedendo á identificación do condutor, ao obxecto de verificar se era residente da zona, e por tanto único autorizado para acceder a esa vía.

O citado resultou ser A.C.M, de Gondomar e 19 de idade, e os axentes comprobaron durante a entrevista persoal que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas. Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, lanzando estas un resultado positivo de 0,87 e 0,89 mg/l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Por este motivo instruíronse dilixencias por un delito contra a Seguridade Viaria, para o seu traslado á autoridade xudicial competente.