O primeiro bebé do ano do hospital Álvaro Cunqueiro chámase María e é de Baiona

O primeiro bebé do ano do hospital Álvaro Cunqueiro foi unha nena, María, que naceu ás 1:07 horas. Foi un parto natural e pesou 3,450 quilogramos. Os seus pais, Iria Puga e Óscar Brao, son de Baiona. Trátase da primeira filla desta parella, que elixiron o nome da nena en memoria da súa bisavoa.

O primeiro bebé do ano en Galicia foi Iker, que naceu no Hospital Clínico de Santiago ás 1:01 horas e pesou 3,140 kg. Os seus pais chámanse María e Carlos. O terceiro en nacer foi Darío, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, ás 2:17 horas, e pesou 3,120 Kg. Os seus pais chámanse Alejandro e Alba.