Obradoiros de “teatro para a vida” no Auditorio V Centenario de Baiona

A Aula de Teatro de Baiona oferta dous obradoiros de “teatro para a vida”. As persoas interesadas poderán participar nos mesmos en horario de mañá, os martes de 11:00 a 12:30 horas, ou de tarde, os xoves de 20:00 a 21:30 horas. Baixo o título “teatro para a vida” traballarase a comunicación oral, a expresión corporal, a improvisación… entre outras técnicas, traballaranse ferramentas para o día a día non só para subirse ao escenario. Os obradoiros desenvolveranse no Auditorio V Centenario. Máis información no correo electrónico monicasueiro@gmail.com ou no teléfono 638 186 112.