Podemos Nigrán solicita á Mancomunidade do Val Miñor implicación para dar fin ás incidencias na TDT

Ante as queixas pola mala calidade da recepción do sinal da Televisión Dixital Terrestre (TDT), que está a ser unha constante desde hai varios días en todos os puntos da comarca e a nula resposta dos gobernantes do Val Miñor, Podemos Nigrán solicita á Mancomunidade de Concellos que se involucre en dar solución a esta problemática.

Como resposta a estas incidencias instan á entidade comarcal que contacte coa maior brevidade á empresa encargada da xestión dos repetidores de sinal e así descartar algún tipo de avaría nestes.

Do mesmo xeito, solicitan á Mancomunidade que se as incidencias persisten, poña o problema en coñecemento da Subdelegación do Goberno e esixa á Dirección Xeral de Telecomunicacións a adopción das medidas necesarias para emendar e solucionar os problemas de sinal e deficiencias de calidade na TDT.