Ribera Povisa, recoñecido polo seu compromiso contra o cambio climático

O hospital Ribera Povisa revalidou o certificado de pegada de carbono, o que ratifica o seu compromiso contra o cambio climático e convértelle no primeiro gran hospital galego que obtén este distintivo tras lograr reducir as emisións de CO2 progresivamente desde 2018. O cálculo de pegada de carbono que audita AENOR (a Asociación Española de Normalización e Certificación) indica en que medida o hospital impacta no medio ambiente pola emisión de gases de efecto invernadoiro.

Esta aposta polo medio ambiente foi recoñecida en 2019 e de novo en 2020 coa renovación da certificación de Pegada de Carbono de AENOR tras a auditoría nacional que se realiza segundo o acordo de París e que posteriormente foi avalada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través da Oficina Española de Cambio Climático (OECC). Tras un rigoroso exame, Ribera Povisa inscribiuse no Rexistro de Pegada de carbono, compensación e proxectos de absorción de dióxido de carbono e entregóuselle o selo que reflicte este esforzo por reducir o impacto ambiental.

Entre outras medidas, nos últimos anos substituíronse os antigos grupos de frío auga-auga por un novo grupo de frío aire-auga con alta eficiencia, renováronse as antigas caldeiras da central térmica por outras novas de condensación con alta eficiencia e o grupo de bombeo de auga potable por un novo grupo con variador de velocidade e control intelixente. Tamén se realizou a substitución progresiva de iluminación convencional a tecnoloxía LED.

Con todos estes proxectos, conseguiuse un aforro en enerxía eléctrica superior ao 10% e de máis dun 40% no caso do gas natural, o que supón unha importante redución de emisións de CO2 causantes do quecemento global.

Así mesmo, desde mediados deste 2021, toda a subministración de enerxía eléctrica utilizado no hospital provén na súa totalidade de fontes de xeración renovable e a medio prazo prevese a implantación de paneis fotovoltaicos na cuberta, así como un innovador equipo equilibrador de tensións que reduciría o consumo eléctrico en máis dun 5%.

En paralelo tamén se traballa na redución de consumo de auga potable cun aforro acumulado superior ao 40% e que, aínda que non incide na pegada de carbono, reafirma o compromiso de Ribera Povisa co medio ambiente.

Para conseguir a meta de reducións, o hospital traballa tamén coa implicación dos profesionais e usuarios.