Gondomar cancela o VIII Campus de Nadal Solidario

Ante o rápido incremento de contaxios rexistrados nas últimas semanas, especialmente entre a poboación máis nova, e como medida de precaución, a Concellería de Deportes de Gondomar anuncia a cancelación do Campus de Nadal Solidario, que se ía a celebrar entre os días 27 e 30 de decembro. Para máis información: deportes@concellodegondomar.gal ou no teléfono 608 748 393.