Baiona abre este martes a reserva de entradas para o espectáculo “MITIC Rock Kids”

Este martes ábrese a reserva de entradas para o espectáculo “MITIC Rock Kids” en Baiona, que se desenvolverá o 30 de decembro no Auditorio V Centenario. O universo MITIC ábrese aos máis pequenos da casa, dándolles a oportunidade de vivir un auténtico concerto de Rock, cunha misión clara de construír unha ponte imperecedoira, coa mellor música da historia das lendas do rock internacional.

Un espectáculo, de continuo descubrimento para o público máis esixente, cun alto contido cultural onde coñecerán de primeira man os límites da Gaita, o instrumento que marcará a súa terra, Galicia, metido na pel de Freddie Mercury, Bon Jovi, Tina Turner, Axel Rose… A cultura e a adrenalina danse a man para gozar aprendendo en “MITIC Rock Kids”.

Os maiores de 12 anos terán que presentar o certificado COVID da UE ou PCR de 72 horas. Aos 15 minutos de empezar o concerto perderase o dereito á reserva. A celebración do concerto está supeditada á evolución da pandemia e as medidas COVID que estean en vigor nese momento.

As entradas poden adquirirse na seguinte ligazón:
https://vivetix.com/entradas-mitic-rock-kids-en-baiona