Máis de 200 papanoeles moteiros percorren as rúas de Baiona

Este domingo celebrouse a Papanoelada Moteira Baiona 2021. Despois de concentrarse na contorna do Centro Cívico de Sabarís, os máis de 200 moteiros ataviados de Papá Noel comezaron o roteiro en dirección a Baredo, pasando polo centro de Baiona e baixando logo pola Virxe da Rocha, para terminar en Santa Marta, onde puideron gozar dun chocolate quente ou unha tapa de polbo en Bodega Estrella Baiona. Durante o percorrido, repartiron ao seu paso caramelos para os máis pequenos. Ademais, o roteiro foi solidario, xa que se recolleron alimentos non perecedoiros no punto de quedada. O evento contou coa colaboración de La Pintora, Rosquillas Cristaleiro, RDM e o Concello de Baiona.


El pase de diapositivas requiere JavaScript.