Antonio Pazos Pérez e Andrea García González, gañadores do concurso fotográfico “Paisaxe e Territorio”

O Instituto de Estudos Miñoráns celebrou este venres a entrega de premios do seu primeiro concurso fotográfico “Paisaxe e Territorio: Na Serra do Galiñeiro e na Serra da Groba/A Valga” no Auditorio Municipal de Nigrán, xunto á inauguración da mostra composta polas instantáneas dos dous gañadores, os catro accésits e os catorce finalistas.

O premio do xurado (250 € + revelado en 40×60 + publicación na REM) recaeu en Antonio Pazos Pérez, coa fotografía titulada “Vía Láctea A Groba”. A instantánea de Andrea García González “A invasión dos paxaros de ferro” logrou o premio do público (150 € + revelado en 40×60 + publicación na REM). Os dous accésits do xurado (Revelado 30×45 + publicación na REM) foron para “Compañía” de Andrea García González e “Reflexo na Poza Negra” de Bernabé Sequeiros Pinzás. “Mougás” de José Luís Fernández Álvarez e “Noites estreladas na Groba” de Helena Mandado Mogín levaron os accésits do público (Revelado 30×45 + publicación na REM).

As fotografías finalistas, que tamén serán publicadas na revista REM, foron “Néboa” de Elena Montero Álvarez, “Pétrea Eternidade, o fogar das estrelas” de Andrés Barcala Veiga, “Circumpolar en Monte Galiñeiro” de Patricia Rivera Comesaña, “Flora” de Fabio Alonso Comesaña, “Voltando das Pozas de Mougás” de Álvaro Rodríguez Pérez, “Galiñeiro 2” de Guiler Francisco Quispe, “Estrelas do Galiñeiro” de Sergio Aranda, “Poderío” de Ángel Cabrita Castro, “A perla da Groba” de Fernando Gainzarain González, “Love Groba” de Patricia Fernández González, “Chotacabras” de Patricia Rivera Comesaña, “Eterna Pureza” de Iago Souto Lorenzo, “A Groba é de todos” de Víctor Vázquez Tomé e “Fauna” de Fabio Alonso Comesaña.

O concurso, no que participaron un total de 66 traballos, pretende ser un punto de encontro para afeccionados á fotografía e sensibles ás temáticas relacionadas co medio, coa contorna e o patrimonio natural.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.