O Club Ximnasia Rítmica As Estelas celebra este sábado a súa IV Gala de Nadal

Despois de ano e medio sen pisar os tapices debido á interrupción inesperada da pandemia provocada polo Covid-19, o vindeiro sábado 18 decembro a partir das 12:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona o Club Ximnasia Rítmica As Estelas organiza en colaboración co Concello a súa IV Gala de Nadal, co obxectivo de que os seus ximnastas gocen realizando os seus exercicios para un público desexoso de velas actuar.

As máis de 30 alumnas que forman as diferentes escolas do Club As Estelas serán as protagonistas desta Gala de Nadal. As escolas que van participar son CPI Arquitecto Palacios de Panxón, CEP de Sabarís, Comunidade de Montes de Barrantes, CEIP Cova Terreña e Club As Estelas cos seus equipos alevín, prebenxamín e sénior.