O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “Otra ronda”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves 16 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “Otra ronda” de Thomas Vinterberg, un filme actual e que obtivo, entre outros importantes premios, un Oscar á mellor película internacional. Catro profesores de instituto embárcanse nun experimento sociolóxico no que cada un deles deberá manter a taxa de alcol no seu corpo ao mesmo nivel durante a vida cotiá, tentando demostrar desa maneira que poden mellorar en todos os aspectos da súa vida. Coma sempre contarán coa presenza do profesor Alfonso Castaño Hernández para a presentación e o posterior coloquio ao remate da proxección.