Comeza o reparto de bolsas e sobres da campaña “Este Nadal merca en Nigrán”

O Concello de Nigrán, xunto coa asociación de empresarios Ovalmi, inician esta semana o reparto entre os establecementos da localidade de 8.000 bolsas e sobres para agasallos como parte da campaña #EsteNadalMercaEnNigrán. Ao igual que no 2020, están fabricadas en papel kraft cunha ilustración a unha tinta realizada pola deseñadora gráfica Olalla Fernández. Os comercios asociados a Ovalmi as recibirán nestes días nos seus propios establecementos, mentres que os non asociados poden recoller o seu lote na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ata esgotar existencias).