Santa Lucía congrega a máis de 1.000 devotos en Vincios

A parroquia gondomareña de Vincios celebrou este luns a festividade de Santa Lucía, reunindo a máis de 1.000 devotos da protectora da vista e patroa de, entre outros, os pobres, os cegos, os nenos enfermos, os electricistas, modistas, fotógrafos ou cristaleiros. Ao longo do día a Capela dedicada á Santa acolleu un total de dez misas na súa honra, entre as 7:00 e as 12:00 pola mañá e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde, mantendo en todo momento a distancia social recomendada. A Misa Solemne, celebrada ao mediodía, foi a máis concorrida con medio milleiro de fieis. Debido á situación sanitaria non se realizou a tradicional procesión ao redor do templo.