Atopa un cheque nominativo por valor de 75 mil euros e entrégao á Policía Nacional

Un cidadán anónimo fixo entrega na Comisaría de Policía Nacional de Vigo dun cheque nominativo, por valor de 75 mil euros, que atopou tirado na vía pública. As xestións practicadas polos axentes da Comisaría levaron á localización da súa lexítima propietaria, a quen se lle fixo entrega.

Os feitos sucederon o pasado día 12 de decembro, ás 19:15 horas, cando un cidadán compareceu na Comisaría de Vigo-Redondela e fixo entrega dun cheque ao portador por valor de 75 mil euros, que se atopou minutos antes, tirado no chan na vía pública.

Cos datos que figuran no cheque, desde a Comisaría realizáronse xestións para localizar á súa lexitima propietaria, quen manifestou perdelo, e que o diñeiro procede da venda dun piso. Unha vez compareceu en dependencias policiais, fíxoselle entrega do cheque, e mostrou o seu profundo agradecemento ao cidadán anónimo polo seu xesto e honradez.

Desde a Policía Nacional quérese agradecer a todos aqueles cidadáns a súa colaboración e sobre todo o seu alarde de civismo.