Nigrán informa da apertura de prazo para o programa de termalismo social do Imserso

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO dirixido a: pensionistas xubilados, pensionistas por incapacidade permanente, pensionistas por viudedade igual ou maiores de 55 anos, pensionistas por outras causas igual ou maiores de 60 anos, persoas igual ou maiores a 65 anos aseguradas ou beneficiarias do sistema de seguridade social. Todos deben ser do sistema de seguridade español.

Este programa proporciona tratamentos termais a desenvolver en balnearios de toda a xeografía nacional a prezos reducidos en réxime de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 ou de 12 días de duración.

As persoas interesadas en participar neste programa deberán pedir cita previa no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, chamando ao teléfono 986.365.000 e premendo o 4 en horario de 9 a 14 horas.

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes: para solicitar os meses de febreiro a agosto ata o día 29 de decembro de 2021; para solicitar os meses de setembro a decembro, ata o día 15 de maio de 2022.