Recollida de alimentos no CPI Cova Terreña de Baiona

A AMPA Covaterreña, en colaboración co CPI de Cova Terreña, en Baiona, ten previsto organizar este xoves 2 de decembro unha recollida solidaria en favor da ONG Ayuda al Mundo Necesitado e a Asociación Protectora de Animais BaiSenpulgas. Todos aqueles que desexen colaborar poderán facelo na entrada do centro en horario de entrada e saída do alumnado, de 8:00 a 9:00 e de 13:15 a 14:00 horas. Pódense achegar alimentos non perecedoiros (conservas, aceite, comida infantil…) e alimentos para animais (comida para gatos, cans…).