Baiona súmase ao Día Mundial da loita contra a Sida

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, quere conmemorar o Día Mundial da loita contra a SIDA dedicando información e concienciación, enviando o seu saúdo e a súa solidariedade a toda as persoas do mundo, precisamente neste momento no que estamos ante unha pandemia tan importante que estamos a vivir, o Covid.

Esta epidemia mundial, provocada pola propagación da infección polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana), estigmatizou e discriminou a moitas persoas. Destruíu vidas, familias e dereitos fundamentais. Ao longo dos anos e na actualidade, grazas a profesionais sanitarios, asociacións especializadas e grandes campañas de información e sensibilización, conseguíronse grandes avances como:

  • A investigación, que transformou a enfermidade mortal nunha enfermidade crónica e manexable, cunha esperanza de vida similar á das persoas sen VIH.
  • A fantástica noticia, que o mundo aceptou un plan audaz dos líderes mundiais que de cumprirse poñería fin á SIDA en 2030.
  • As campañas de información e sensibilización, que conseguiron non totalmente senón en gran medida a concienciación do NON REXEITAMENTO E ELIMINACIÓN DA ESTIGMATIZACIÓN, das persoas con VIH.

“Por iso -continúa o rexedor-, se non adoptamos ese enfoque de loita contra as desigualdades que é tan necesario para acabar coa SIDA, o mundo tamén terá dificultades para rematar coa pandemia do COVID-19 e seguirá sen estar preparado para as pandemias do futuro. Isto sería tremendamente perigoso para todos nós. Dende o Concello de Baiona queremos darlle visibilidade a un día tan importante, e só significa que traballamos e visibilizamos este día, se non como todas as causas os 365 días do ano. Informar, sensibilizar e apoiar”.