Patos acollerá unha nova edición do campionato Z Series

Volve o maior evento das Rías Baixas á praia de Patos da man de Gony Zubizarreta, Vigo Mafia Surf Club e a Federación Galega de Surf. O vindeiro sábado 4 de decembro ponse en marcha unha nova edición do campionato Z Series chea de surfeiros internacionais e moitas propostas de lecer.

Como novidade haberá unha Copa Up de softboards, varias premier en exclusiva, zonas de consumo, música en directo, meet & great con Gony + pro model Up con test, market de Nadal e máis contidos que serán desvelados en próximos días.

As inscricións están abertas para as categorías Open masculina e feminina a razón de 30€. Os interesados poden anotarse a través do correo electrónico info@laconserveradelsurf.com. Máis información nos teléfonos 648 669 729 e 918 585 454.

Agradecementos aos patrocinadores Volcom, Estrella Galicia, Cabreiroá, Up Surfboard, 58 Surf e Semente. Tamén aos colaboradores Concello de Nigrán, Wasted Shoes e Jam Traction.