O Baíña FS presenta nova camiseta, mascota e himno

O Baíña Fútbol Sala presentou este domingo a súa nova camiseta de xogo. Unha camiseta que fai referencia a Baiona como vila turística, con imaxes da Fortaleza de Monte Real e da Carabela Pinta, e tamén ten no reverso referencias ao Camiño Portugués de Santiago pola Costa. Ademais o club presentou a mascota de Xabaríns, que animará moitos dos seus actos e estará cos máis pequenos. Por último levouse a cabo a presentación e os ensaios do himno do club, feito por Miguel Montes. A camiseta está á venda por 15 euros, ademais personalizada con nome e número.